lunes, 1 de abril de 2013

Con poesía

Estamos acostumados a falar da poesía galega, ou a literatura en xeral, e recordar automaticamente os seguintes nomes: Rosalía, Pondal e Curros. Esta é a poesía única, a que máis se coñece xunto coas cantigas. Parece que programan o noso cerebro para que saibanos eses nomes antes de comezar a estudar tardíamente e a toda présa a historia da literatura galega: Rexurdimento-Rosalía-Pondal-Curros. Todos da man, unidos nun mesmo conxunto, estudados á vez, obrigados a ser estudados coa teoría rapidamente para acadar o que algúns chaman "coñecementos básicos da literatura galega". A literatura parece parar aquí, ensínannos ata estes autores as súas temáticas e vidas e composicións e logo temos un respiro, para máis tarde voltar a estudalos de nova, "máis en profundidade". Pero hai máis literatura, e aínda que moitos nomes nos soen non saberiamos dicir as traxectorias destes tan ben como poderíamos dicir fai uns anos a dos tres anteriores.

A literatura non só é nomes, é nomes e obras, obras e composicións, composicións e versos, versos e sentimentos e emocións... Pero nós soamente aprendemos os movementos literarios, as obras, as temáticas, sen centrarnos xa case nada nos sentimentos que podan transmitir, nas interpretacións que podan ter.

Con estes fragmentos de poemas de autores coñecidos do século XX intento demostrar sensacións que me transmitan eses versos, ou unha interpretación máis alá das palabras para demostrar que a poesía sigue viva e que pode abrir un mundo novo de imaxinación, sentimentos e experimentación na nosa mente, e para iso os acompaño duns debuxos de elaboración propia que representan o que a min me transmiten os versos.




Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

ACRÓSTICO, LOIS PEREIRO






Só a noite é o paraíso: dormen os homes.
Os soños abren las xanelas
e lámbense as feridas nas praias e nas beiras
dos ríos.
Os soños cantan coa gorxa xeada.
Como esclavos, fan tocar os tambores.
BLUES', MANUEL RIVAS






… hay telas de araña de mitos fuera,
el silbido inexistente
el murmurar morboso
muerden la pared del monte.
  

...DEL INCESTO EDÉNICO..., MARÍA LADO