jueves, 16 de mayo de 2013

Simbolismo


Non é nada raro que calquera familia estea chea de avós emigrantes. Os avós que nos anos 60 eran uns mozos, os da xeración hippie, os que caeron baixo a órbita beatlemaniaca, ou os máis apegados ó folkrore e a tradición popular. Mais todos eles son os que fuxiron co respiro da comunicación maior co exterior, os que viron unha oportunidade máis preto de subsistir fóra de Galicia e España que no lugar onde naceron e criáronse. Os que exalaron un pequeno residuo de esperanzas no exterior, fóra da súa terra. Eses poden ser perfectamente os meus avós. Cando era pequena escoitaba sempre "Cando estabamos en Suíza...", eu cría que de vacacións. Pero non, co tempo dinme conta que era por necesidade, que era a emigración. Sen máis, sen ninguha explicación. Xa debemos saber todos a estas alturas o significado da emigración.

Obviando o feito dunha definición tecnica e detallada, quero centrarme máis na realidade que esixiu a emigración, na realidade que os meus avós viviron, na realidade contradictoria na que se vivía, no sin sentido do mundo e da vida que comezaba a nacer na literatura, no absurdo da existencia e crueldade da humanidade rexida por unha condición contradictoria da identidade humana. No sin sentido sentimental e no sin sentido xusticieiro. No sin sentido sentimental tócame a parte da experiencia familiar, da dor de deixar a un fillo coa súa avoa para ir traballar a Suíza nunha fábrica de reloxos, ou na construcción. Na dor, no desarraigo, nas limitacións, na desesperación, pero nese chisco de esperanza, de luz, de conseguinte alegria que ese gran esforzo traería ó cabo duns anos. Aquí a frase indistintamente empregada en todos os contextos, "Todo esforzo ten a súa recompensa", é válida no máis amplo, e importante, para min, emprego do seu significado, no campo tan científico e á vez tan sinxelo dos sentimentos, das emocións, das sensacións... que levan á superación dos medos, das limitacións, dos impedimentos. O esforzo de abandonar a túa vida para mellorala. O esforzo, valentía e coraxe dos meus avós, o esforzo de toda unha xeración que viviu a posguerra na procura dun atisbo de lucidez no horizonte tan definido do seu futuro; futuro que coa superación persoal consegui o anelado cando marchar se converteu nesa esperanza, futuro que melloraron.

Logo temos tamén a gran contradición do momento, se estamos ben ou mal, se a política e economía van polo bo camiño ou precisan axuda. Para os de sempre, "os de arriba", coma non, vai ben, sem problemas, sen complicacións, pero, se pensamos, tan ben non se estaría condo foi unha axuda exterior estadounidense a que motivou a recuperación sistemática e o conseguinte movemento masivo da poboación por terras europeas, co atisbo de liberdade e recuperación que a axuda estadounidense provocou nos que tiñan a confianza no súa superación propia e persoal...

Aínda así as contradicións seguiron...

Anos 60. Ditadura. Franco no poder. O desgaste da autarquía semellaba recuperarse cunha maior apertura ó mundo exterior, a Europa, a América, á innovación, á experimentación, un mundo novo cheo de vida, o mundo do que o NO-DO levaba anos falando tan abstractamente, o mundo do que os primeiros anos da TVE prevía á xente... Un mundo con outro punto de vista, un mundo multiperspectivista, coma as novelas da renovación, no que a liberdade era inherente ó ser humano, non parcialmente adherida. 

A este mundo é o que se marchaba xa antes da ditaduram, na procura dun tópico xa moi visto da terra das oportunidades, en busca dunha nova esperanza. Cruzar o Atlántico soaba moi tentador, era unha necesidade para sobrevivir lonxe do desarraigo que acompaña sempre ó abandono. 

Agora os navíos eran inaugurados en Ferrol polo representante de Estados Unidos, simbolizando dalgunha maneira a axuda que Estados Unidos prestou a España, con condicións no seu beneficio pero tamén urxentemente requeridas para salvagardar o sistema, a finais da autarquía, cando esta xa non era sostible, cando a ditadura tiña medo de tambalearse. 

Con esta axuda apareceu de novo a emigración, pero cara Europa, América xa non entraba no plan dos galegos.

A emigración convértese nun arte máis dos movementos dos anos 60, o queu máis arraiga entre a pequena e crecente desesperación dos cidadáns, o máis accesible, a solución máis inmediata. 
Aforrar canto se puidera era o obxectivo próximo para sobrevivir. 

Mentres que uns perdíanse por Europa, outros adicábanse á inauguración de internados en Galicia que levan o nome da súa nai ou a visistar centros de investigación. Cunha organización milimétrica, mentres que outros non tiñan moi claro o seu destino final. 

Todo isto contando  coa acollida e o recibimento das masas, o mesmo que hai nas estacións de ferrocarril que percorren o continente europeo. Tendo incluso homenaxes deportivos na súa honra, coma agasallo pola súa labor. 

Unhas vacacións, un descanso, un retirom é o que se necesitaba. Ir a pescar a Galicia á terra do caudillo, soa tentador. Á terra que os que marcharon comezaban a chanar baixo o pseudónimo de "morriña", pero no podían corresponder coa volta. 

Non durou moito, pero si o suficiente para gardar certo recelo das promesas da recien instaurada transición e democracia, a partires da década dos 70. Desconfianza nun esforzo entre todas e con urxencia, que non volverá traer de novo un recordo lonxano do botafumeiro. 

O que probablemente botemos en falta a miña xeración, a morriña inundaranos pero o mínimo chisco de esperanza manteranos alerta para continuar unha peregrina viaxe, desta vez non en barco ou tren, en avióm e o máis lonxe que os nosos aforros nos permitan.




Este vídeo é un resumo do pequeno relato anterior, é unha sucesión en imaxes da realidade contradictoria da que se tiña idea co NO-DO nos anos 60 cando era constante a presenza de emigrantes españois, sendo os galegos, unha vez máis nestes ciclos migratorios, uns dos que máis abandonaron os seus fogares, por toda Europa. Por iso mesmo non ten audio, soamente as sintonías do comezo e do final, as sintonías que marcaron toda unha vida, toda unha etapa dun país, como fundamento decisivo no pensamento de centos de persoas no referente á ditadura. É unha síntese muda dunha realidade que agocha a que non se vía pola rúa, porque estaba fóra. Era muda, non estaba presente na realidade audiovisual que o NO-DO transmitía, cumprindo a súa función de propaganda do réxime e recurso suficeinte da información mundial. Muda porque o que predomina é o sentimento, o simbolismo, o agochado, o que fuxe de ser entendido, da emigración. Se o levamos ó escpticismo e radicalidade..., non se diferencia moito do futuro que nos agarda, non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario