lunes, 22 de octubre de 2012

21O?


















Polo que parece non aprendemos, ou non aprenden, xa qe eu non podo votar aínda, polo tanto a miña opinión non conta nada nestas eleccións. A que si que conta é a de todos aqueles que fixeron que outra vez máis, outros 4 anos máis, teñamos ao PP ós mandos deste barco chamado Galicia.
Barco que xa parece sen rumbo, sen destino.
Quenes o fixeron? Pois todos a verdade. os que votaron ó PP e quenes non, ou quenes non votaron a ningún dos partidos, quenes se abstiñeron. Pero quenes son os que o botan? Sí, un gran voto xa o teñen ganado historicamente pola xente da terceira idade, pero aínda así non é só o voto da terceira o que conta, Galicia fórmana máis xente ca a terceira idade, xente que, maioritariamente só coñece os grupos políticos de toda a vida, que non coñece as novas agrupacións e demáis, esa xente soa non consigue a maioría absoluta que o pasado domingo acadou o Partido Popular. Hai máis, en Galicia non só hai avós e avoas que viven con figuras do pasado nas súas mentes. Tamén hai xente nova da que din que somos o futuro de Galicia, do país e demáis farsas. Esa xente por quen vota? Moito dirán que a xuventude é cada vez máis de esquerdas pero non se manifesta tanto nos resultados, e xuventude hai dabondo, pero claro, abstense, pasa de política porque é todo o mesmo... e logo estamos como estamos, seguimos como seguimos, e seguiremos uns cantos anos máis así... Pero esa non é a actitude, nin ante a política nin ante a vida, así non chegamos a ningures! Se estamos a dividir entre a xuvente, terceira idade, faltanos un grupo, o do medio, esa xente que está en plena actividade no mundo laboral, ou non, a quenes votan? A quenes? Xa o sei, non se pode globalizar por estereotipos que un grupo vote por un lado e o outro por outro, mais a verdade é que se non atopamos a alguén que acepte que o seu voto foi para o PP, logo como nos explicamos que obteñan a porcentaxe de votos que obtiveron, aínda que baixaran? De onde saíron?
A verdade, e todo um ciclo que xa semella non ter volta atrás: gústanos levarnos una decepción tras outra, porque se non, non entendo tantas queixas para que logo rematen por estar ahí os de sempre. É un ciclo interminable e incomprensible, que quizáis nuns anos cambie radicalmente, e o que consideramos agora algúns un auténtico fracaso para o noso propio futuro remate por ser un auténtico beneficio polo cambio político. Mais o dudo, porque coma xa dixen, por moito que digan que a xuventude é de esquerdas, é o  mesmo que que nos queixemos por ter o presidente que temos, se obteñen votos é por algo, quenes o voten xa é un misterio.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Onde dixeches?

Se facemos isto coma se fose unha entrevista? Ou unhna reportaxe? Que me dis? ... Imos alá, entón? É boa idea, non si? Pois comezamos...

Nunha terra onde a auga caía sen preguiza do ceo, de súpeto, alguén comezou a pensar que facía alí, baixo a choiva incesante dunha noite de verán...

- Quen es ti?
- Son una persoa máis, non?
- De onde?
- Pois... Non che sei a verdade. Só sei que é un lugar moi húmido e frío, moi verde e cambiante, moi dinámico e moi... Xa sabes... Ten moito mar, moitas desas cousas chamadas praias dende onde ves o horizonte do mar, moito verde, moita natureza.. Non sei, coma calquera lugar do mundo, non?



 - Se ti estas segura...
- Segura? Se só sei iso non o podo estar... Aínda que tamén ten máis cousas...
- Pois veña! Conta!
- Ten cousas que deixaron aquí xente que viño antes ca min, coma esas cousas chamadas castros que están polo medio do monte perdidos, ou preto das costas ou agochados sen ser descobertos esperando a que alguén intrépido os descobra; logo hai coma edificios que xa son moito máis grandes coma murallas, pazos, igrexas, catedrais... Paréceme que lles gustaba construír para superarse entre eles, porque non foron sempre os mesmos quenes construíron todo o que formou cidades, ninsequera na mesma época... Houbo xente do norte da que din que eran moi bárbaros, do Mediterráneo, do sur... De moitos lados, intentábanse superar entre elas e surxiu una mestura moi peculiar que deixou rasgos que agora caracterizan unha terra que se chama... chámase... Non me acordo!
- Xa te acordarás... Dicías que houbo moita xente diferente onde ti vives.
- Ah... Si, claro, coma en todos lados, é moi común iso... mais é un dos poucos sitios onde se conserva variedade, un pouco de todo, e aínda hoxe nótase no ambiente e na mentalidade da xente. Forma unha cultura tradicional moi variada e rica.








- Pois si que fixeron, e axente acórdase?
- Acordarse? De toda a historia desta terra? De quenes foron os seus defensores? De quenes querían que desaparecese coma unidade cultural variada? De quenes querían prohibir a nosa lingua? De quenes nos mantiveron alonxados do progreso coma se fósemos doutro planeta? Non creo, non me acordo nin eu. Acordarase do máis recente, dos tópicos... Ai que non hai tópicos, que se os que aquí vivimos somos uns parvos, que se non sabemos falar...! Din de todo de nós pero cando queren comer ben, daquela si que veñen!




- Comer, cómese moi ben, pero non en todos os puntos...
- Xa, coma a xente, non son todos iguais, non falan todos igual, non teñen as mesmas festas...



- Xa vexo, xa... Vaia troula que montan! Dixeches que non falan todos do mesmo xeito?
- Non. Antes, cando comezou a ser un pobo con historia a saber coma se entendían, logo viñeron máis e os de Roma quixeron que falásemos latín, que así entendíamos todos... Mais foise mesturando con dialectos veciños ata ser o que é agora, que xa pouca xente fala! Que non sexa por figuras que impulsaron o seu rexurdimento nos     séculos anteriores, porque iso si que non faltou en Galicia!




- Onde dixeches?





- Eh... Acordeime! En Galicia! Xa sabes... Que non sexa porque non merece a pena vir ata ...