domingo, 2 de diciembre de 2012

De Eabeca e Lucerna

Xa saberedes todos que os mourso son os máis primitivos poboadores dos castros galegos. Habitantes da Mourindade, páis e terra soterrada baixo os castros que agora se conservan e mesmo dos centos que continuarán soterrados polos cumios! A Mourindade é un conxunto de fortificacións tan amplo que está organizado en cidades, cidades que teñen as súas propias lendas e misterios no mundo dos mouros. Cidades coma Eabeca ou Lucerna.
 
Eabeca é unha das principais cidades do país que forma parte da esencia da catedral de Santiago de Compostela, sí, ledes ben, Santiago. Dun dos pazos de Eabeca procedían os mármores da porta da fachada da catedral! Iso sí, non intentedes atopar o pazo por se ten riquezas e tesourso agochados que non seredes quen de atopar a entrada a cidade... non se sabe por onde anda agochada! Ademáis se un mouro os vise entrar nos seus dominios tranquilamente sen invitación previa poderías quedar alí para sempre, tanto vivo coma morto, ou deambular no mundo subterráneo sen rumbo e perdido na procura da trabe de ouro, ou a de alcatrán... Pero iso xa é outra historia!
 
Logo está Lucerna tamén que foi conquistada por Carlomagno. Onde estaba esta hai agora un lago moi alto e negro onde viven peixes grandes e negros tamén. Está por todas partes mais non hai ningunha, dise que hai moitas Lucernas pero ningunha aparece! Uns cren que está no Bierzo, outros en Valdoviño, outros en Doniños ou en Sanabria. Está en tantos lagos que o segredo de onde está de verdade Lucerna está ben agochado.
 
Nas historias das cidades da Mourindade non só aparecen os mouros e demáis demási seres coma mouras ou trasnos que poden vivir a carón deles. Recordade que os mouros relaciónanse cos humanos, para ben ou para mal pero relaciónanse.


Os humanos poden chegar á Mourindade de formas moi distintas...

Secuestrados polos mouros é unha delas. Os casos de secuestros de humanos polos mouros son innumerables. Non lles importa se non nenos, nenas, homes ou mulleres, secuestranos igualmente. O secuestro de meniños é motivado polo incumprimeto dalgún trato que acostuma a acabar coa morte do pequecho ou simplemente ráptano para o cativerio. Tamén raptan para comelos, sexan nenos ou nenos. En Mondoñedo dise que hai unha entrada á Mourindade que se abre só cando pasan os meniños, tráganos e logo péchase. Raptan mulleres para que lles sirvan de esposas, aína que o rapto ás veces pode ser temporal e as mulleres sirven de aleitadoras ou parteiras, das que logo falaremos.
Os homes non se escapan do rapto dos mouros, pero a súa retención non ten consecuencias negativas. Os mouros ráptanos para amosarlles a opulencia do seu reino ou para que atendas enfermedades dos mouros, se son médicos, claro, e logo deixanos saír.

Os humanos que se convertían en pequenos amigos dos mouros, as parteiras, amas de cría, os que comerciaban animais e viño con eles coñecían a forma de chegar á cidade soterrada. Coñecían os túneles dos mouros, as minas, que eles tan ben coñecían os seus camiños. Camiños soterrados que comunicaban os lugares onde estes habitaban: castros, mámoas, castelos...Son as rúas do seu mundo. Hai túneles longos e curtos, pero todos os castros dunha mesma parroquia ou municipio poden estar intercomunicados. Por riba dos túneles, coma se fosen o teito do camiño, servíndolles de chan ou de paredes tamén, atopámonos coas vigas. Se es un aventureiro as vigas poden ser outro xeito de chegar á Mourindade, pero as de ter coidado. As vigas, trabes, sosteñen o mundo soterrado. Van dun castro a outro, dun pozo a outro, ou a calquera lugar máxico. Pódense considerar tesouros ou encantos, e mesmo as dúas cousas! As trabes poden ser de dous tipos: as que son de mineral, coma o ouro, prata ou diamante, e as de alcatrán, carbón, lume, veleno... Están sempre emparelladas, a parella que chegou ata os nosos días e a da famosa trabe dde ouro ou trabe alcatrán. Se tes curiosidade emprendes a busca polos pasadizos sunterráneos da trabe de ouro, pero pobre de ti se tropezascoa de alcatrán: o mundo enteiro pode quedar arrasado ou unha comarca enteira ou parroquias do arredor... Se queres atopar a de ouro ten coidado de buscar, pois as vigas sosteñen o mundo e atopar a que non é do mineral pode ser unha catástrofe! Atopar a viga de ouro pode facerte rico, ou, se está encantada, levarte á perdicición con algún encanto sen solución aparente.

Os mouros tamén pódense chamar cabaleiros. Soin entón mouros altos, louros, verdadeiros señores, emparentados coas mouras, que non son as mulleres dos mouros.

Hai unha historia que conta que un aldeán fora a Castela e un home preguntoulle se coñecía o Castro de Vilamaoir. Contestoulle que si, e o cabaleiro díxolle que sairía ben recompensado se facía o que lle ía a pedir, que foi levar catro bolos de pan, con forma de cornos, e botalos no pozo sen que ninguén lles tocase. Aceptou e levou os bolos á súa casa. Pero a muller arrincou un dor cornos. O paisano sen sabelo colleu os bolos de novo e foinos levar ó pozo. Botou os tres primeiros e segundo os tiraba saía un cabaleiro que dicía "Atrás virá quen che pagará". Cando botou o último bolo ao que lle faltaba un corno, saíu do pozo un cabaleiro que lle deu unha cinta pra que lle atara á muller, pero el no camiño atouna nun carballo e de súpeto a árbore arrincou as súas raíces e saíu cara o pozo e afondou nel. Así que, xa sabedes, e non vos fiedes dun cabaleiro misterioso se é que algún día os atopades con un pola rúa.

Este aldeán tivo sorte ó librarse da cinta, pero na súa familia unha curmá non tivo tanta sorte... No castro de Pedrouzos de Melide un mouro presentóuselle a unha muller e convenceuna para que dese de mamar ao seu fillo. E ela aceptou en entrou na Mourindade por un desde pasadizos coas entradas tan ben agochadas, ata chegar a unha casa moi ben posta. Deulle o leite ó meniño e cando reamatou o señor pediulle que lle pasara polos ollos ao neno unha untura que tiña preparada. Fíxoo, e sen se dar conta, levou a man untada á cara e algo de untura lle quedou nun dos ollos. ó día seguinte había feira. A muller foi e viu ó señor, tentou chamalo pero el non respondeu. Cando volveu xunto ó neno mouro, o pai preguntoulle que con que ollo o vira na feira. A coitada respondeu, díxolle con cal e perdeuno: o mouro arrincoullo. Puidera velo porque a untura permite ver ós mouros. Na feira ninguén máis vira ó mouro. Esta ama de cría dos mouros non tivo moita sorte. Tampouco a tivo a nai do meniño mouro, que fora unha desas mulleres secuestradas polos mouros permanentemente, polo que a criatura non é un mouro senón un ser semihumano e semimouro, coma un dos heroes dos antigos romanos e gregos.

A sorte da familia tívoa o irmán do paisano de Castela que era doutor. Os mouros necesitan humanos para sobrevivir moitas veces coma xa vimo coa ama de cría, e tocoulle ó doutor. Deixárono entrar no país e recompensárono ben, pero se houbese revelado o segredo a súa sorte tería sido outra e podería perder un ollo coma a súa curmá ou mesmo morrer. Se vos pide un favor un mouro, tede coidado de gardar o enconto con el coma se fose o ben mási preciado que tes, se nón xa sabes a sorte que terás...

En Melide tamén atopámonos cos avichuchos. Son a forma que toman os encantos nalgúns castros de Melide. Poden ser persoas, aves de aspecto de sagradable... pero o máis seguro é que sexan mouros , morcegos ou ananos.

Para rematar recórdovos que debedes de ter coidado se en algún momento os atopades nun lugar onde se fala que pode ser o verdadeiro emplazamento de Lucerna ou Eabeca! Pois non sabes a sorte que vas ter nos tratos que alí fagas ou con quen te atopes!












CASTRO DE VILADONGA

Déixovos unha presentación en prezi do castro de Viladonga, en Castro de Rei.